XAVIER CUIÑAS (Ourense, 1958)
Difícil de cualificar nun estilo determinado ou nunha corrente artística concreta, a obra de Cuiñas foi evolucionando ao longo dos anos dunha maneira moi sutil, cunha continuidade case imperceptible, eliminando peso e volume, definindo liñas, traspasando o concepto escultórico para mimetizarse no territorio do debuxo, dun debuxo en tres dimensións que proxecta as súas sombras invadindo a contorna que o rodea e convidando o espectador á pura contemplación. Cada un dos elementos presentes nas súas pezas é imprescindible e está ao servizo dunha harmonía e dunha beleza tan delicadas que fai que as súas composicións bailen e balancéense creando universos con identidade propia que exploran os límites da escultura no espazo. E todo iso coa meticulosidade e a precisión técnica propia dun enxeñeiro que, con materiais sinxelos e austeros como o arame, a madeira ou o vidro, debuxa o volume no baleiro, tecendo a urdimbre das súas formas espidas para dar vida a obras de tanta complexidade e ritmo que nos cativan cando as miramos. En definitiva, estamos ante unha mostra que nos envolve no seu conxunto e que enfoca a nosa mirada en cada un dos seus múltiples detalles. Sentimos a matemática da perfección, da simetría e do equilibrio, pero tamén o misterio e o suxerido. As formas que nacen das mans e do enxeño deste artista resúltannos reconocibles e familiares, forman parte dun imaxinario cultural que nos pertence e que nos evoca conceptos como a tradición, a artesanía, a cosmología, o xogo e, como non, a música e a poesía. Xavier Cuíñas conta cunha traxectoria artística consolidada, unha carreira de máis de trinta anos con numerosas exposicións individuais e colectivas e obras en importantes coleccións públicas e privadas, sendo a súa última mostra institucional importante a celebrada na sala do Centro Cultural Anxo Valvente de Ourense.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS 2020 Liña de Flotación Galería Metro | 2019 Liña de Flotación Centro Cultural Anxo Valvente de Ourense | 2008 ”Pare, olle, escoite”. DIputación Provincial de Ourense. Fundación Caixa Galicia. Ourense | 2006 Galería eme-c*. Santiago de Compostela | 2005 Galería Jamete. Cuenca. Galería Visol. Ourense | 2003 Galería eme-*. Santiago de Compostela. | 2001 Galería Trisquel e Medulio. Tui. Galería eme-c*. Santiago de Compostela | 2000 Galería Visol. Ourense | 1998 Casa de Galicia. Madrid. Galería Obradoiro das Artes. Tamallancos | 1996 Galería Lewerence. Kamen (Alemania) | 1992 Galería Visol. Ourense | 1990 Sala Camba. Lugo | 1989 Galería Expresión. Ourense | 1988 Sala Caixa Ourense. O Barco de Valdeorras. Sala de Arte del Pazo de la Diputación. Lugo. Sala Flor de Maig. Barcelona. Sala Torreón de Andrade. Pontedeume. Sala Caixa Ourense. Ourense | 1986 Galería Sargadelos. Santiago de Compostela |1984 Rincón de Arte. Ourense.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS 2020 [Confinados] Galería Metro | 2020 JustMad Madrid | 2019 JustLX Lisboa 2018 | JustLX Lisboa | 2018 arame_papel_madeira Galería Metro | 2009 Galería METRO arte contemporánea. Santiago | 2005 Edificio Simeón. Diputación de Ourense.Galería Visol. Ourense | 2002 Galería Sargadelos. Santiago de Compostela | 2001 Galería Alameda. Vigo | 2000 Galería Trisquel e Medulio. Tui.Proxecto Home. Itinerante | 1997 Certamen de Escultura Caja Madrid. Madrid.Galería Lewerence. Kamen. Alemania.Centro Multifuncional de Carballiño. Ourense.Galería Visol. Ourense | 1996 Artistas ourensáns coa Cruz Vermella. Museo Arqueolóxico. Ourense.Área Central. Santiago de Compostela. ”Ourense por dignidade”. Museo Municipal. Ourense | 1993 Galería Obelisco. A Coruña.Galería Visol. Ourense | 1990 Encontros Galicia-Portugal. Viana do Castelo. Portugal.”Ay meu Orense” Museo Municipal de Ourense. Ourense |1989 Galería Expresión. Ourense. ”A intención” Esculturas no casco vello. Ourense.”1+1=12. Artistas ourensáns” Museo Municipal. Ourense | 1988 Galería Sargadelos. Barcelona.Sala de Arte del Pazo de la Diputación. Lugo.Feria Nacional de Cerámica Creativa. Zaragoza | 1987 Galería Obradoiro das Artes. Tamallancos.Feria Nacional de Cerámica Creativa. Zaragoza.Galería Obalne. Piran. Eslovenia.Galería Cerámica y Ceramistas. Fundación do Colectivo ”Remol” (Caxigueiro, M.X- Díaz, Regal e Cuiñas) Zaragoza | 1986 Bienal de Escultura. Fundación Araguaney. Santiago de Compostela | 1984 Círculo de las Artes. Lugo. Museo Arqueolóxico de Ourense | 1983 Ateneo de Ourense. Itinerante. Delegación de Cultura da Xunta de Galicia |1982 Museo Arqueolóxico de Ourense.
|